⊆ 16:40 by Zelgad | ˜ 0 comentarios »

Pois claro que por orde refirome aos asuntos dunha época xa pasada. Como senón podo acadar a comprender que hoxe en día todos estamos desbordados pola saturación de información. Tanto podo formarme como traductor ou aprender química e ser capaz de estudar fármacos para Deus sabe que uso sen pasar pola facultade, como facer como Pessoa e publicar poemas con pseudónimos nalgun blog para logo facerme unha crítica voraz desde outro nick ou alcumelo.
O academicismo hoxe en día albiscase có único proposito de pecharse en banda a ferramenta da telecomunicación para ser capaz de non fallar na pregunta tipo test por exceso de información. E é que se non confiamos da información que buscamos en google, da que viaxa modulada en alta frecuencia nos cosenos polo router, entendemos o mundo academico como o único co tempo e o diñeiro necesarios para reunir profesionais baixo máma goberno e recopilar os únicos coñecementos que validan, os que xa tiñan desde que abriu o gremio de enxeñeiros, arquitectos, letrados, narcolepticos e demáis calaña.

E vaiuse vostede a asombrar que hoxe en día, neste Antioquía, nesta Entelequía de liberdade, na que a xente dun pobo con todos os servicios que imaxinaban nos filmes de ciencia ficción dos USA, cando crían que no 2000 estariamos na lua, e mil máis e non estructuran o maior invento do mun do moderno para sacarlle proveito lectivo. Internet.
Centos de miles de persoas traballan hoxe en día nalgo que se inventaron fai nada, e gañan cartos, e non existe, bueno non existía, chamase información, pero así con deixe chavacano, información. Nada de coñecemento, información, desconcerto, popurri,videos de youtube, pero non coñecemento. Coñecemento teñeno nas facultades, neses libros que ninguén piratea, e nos que confian porque pode ser mil trillóns de veces menos información pero esta contrastada, ejem, ejem.
Que se pode ser capaz de diseñar páxinas web soamente lendo manuais de linguaxe de programación? que o deseño deste blog é un desnai é un desconcerto vaiseme o ollo o morcego? que un pai pode estudiar durante un tempo o figado a traverso de internet e curarllo o fillo? que ben me sinto cando falo como un cura ou un político. Destos que Alan Moore creaba nos comics e ti dícias, bueno, bueno, a iso non chegaremos oh! Iso é moita tolemia eh oh! A xente non o vai permitir, é imposibel, verdade FAES.


0 Responses to

= Leave a Reply