⊆ 4:52 by Zelgad | ˜ 0 comentarios »
FEBREIRO 2009
FEBREIRO DIE WELLE
2 (A ONDA)
DENNIS GANSEL; ALEMAÑA; 2006, 108’ COR V.O.S.C.
FEBREIRO EFFI BRIEST
9 (EFFI BRIEST)
R.W. FASSBINDER ALEMAÑA, 1974; 140' B/N V.O.S.C.
FEBREIRO LA QUESTION HUMAINE
16 (A CUESTION HUMANA)
NICOLAS KLOTZ; FRANCIA; 2007; 143' COR V.O.S.C.
FEBREIRO SOMERS TOWN
23 (SOMERS TOWN)
SHANE MEADOWS; R. U. , 2008. 71’ COR V.O.S.C.
SALA Nº 5 DOS MULTICINES BOX
PRAZA ELÍPTICA
ás 20:15 horas
Colaboran:
FEDERACIÓN DE GALICIA DE CINECLUBS, CAIXANOVA: OBRA SOCIAL E
CONCELLARÍA DE ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL DO CONCELLO DE VIGO
FEBREIRO DIE WELLE
2 LUNS, ás 20:15 horas (A ONDA)
ALEMAÑA; 2006
Ficha Técnica Ficha Artística
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Dirección: Dennis Gansel Jürgen Vogel
Guión: Dennis Gansel e Frederick Lau
Peter Thorwart Max Riemelt
Fotografía: Torsten Breuer Jennifer Ulrich
Montaxe: Ueli Christen Christiane Paul
Música: Heiko Maile Elyas M'Barek
Duración 108 minutos
COR. V.O.S.C.
SINOPSE
Baseado nun relato curto de William Ron Jones e na obra de Johnny Dawkins e Ron
Birnbach. Ambientado na Alemaña contemporánea, o filme transcorre durante a semana de
proxectos nun instituto: un profesor ten a idea dun experimento que explique aos alumnos o
funcionamento dos gobernos totalitarios. En apenas uns días, o que comeza cunha serie de
ideas inocuas como a disciplina e o sentimento de comunidade convertese en algo real: A
Onda. Ao terceiro día, os alumnos comezan a illarse e ameazarse entre si.
DENNIS GANSEL
Realizador, produtor, actor e guionista, nado en
Hanover, Alemaña, en 1973. Estudou cine na Munich Film School, onde rodou varias
curtametraxes: The wrong trip (1995), e Living Dead (1996), con elas acadou o Premio F. W.
Murnau Short Film.
Tras graduarse, debuta na longametraxe con The phantom (1999), un thriller político
sobre a facción do Exército Vermello, grazas á cal gaña o Premio Xúpiter, o Premio Adolf
Grimme e o Premio 3SAT Audience en 2000 como mellor longametraxe de televisión. No 2001
estrea o seu primeiro filme para cine: Girls on top, que foi un tremendo éxito comercial. No
2003 escrebe o guión de Napola, sobre unha academia de elite nazi, con el acada o Premio
Federal Film ao mellor guión. Estréase no 2004 e consegue o Premio do Público no Festival
de Cine de Hamptons en Nova York, o de Mellor Filme no Festival de Cine Europeo de
Viareggio, e un Premio Bavarian Film no 2005 á Mellor dirección.
Este é o seu último traballo.
FEBREIRO EFFI BRIEST
9 LUNS, ás 20:15 horas (EFFI BRIEST)
ALEMAÑA, 1974;
Ficha técnica Ficha Artística
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Dirección e Guión: R.W. Fassbinder Wolfgang Schenck
Fotografía: Jürgen Jürges e Hanna Schygulla
Dietrich Lohmann Barbara Lass
Música: Camille Saint-Sens Irm Hermann
Duración: 140 minutos
B/N. - V.O.S.C.
*PREMIO INTERFILMS AO MELLOR DIRECTOR, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE BERLÍN, 1974.
Sinopse
Baseado na novela homónima de Theodor Fontane, o filme fala sobre o estrito código
moral dos prusianos durante os tempos de Bismarck. Unha moza casa cun home maior. Tras uns
anos de felicidade, a amizade da muller con outro home suporá un conflito ético.
RAINER WERNER FASSBINDER
Realizador, produtor, actor e guionista nado en Bad Wörishofen, Alemaña, en 1945.
Non é un home de teatro que pasou ao cine, senón que se expresou no teatro ao non poder
facelo no cine. Iniciouse no cine cunha curtametraxe en 16 mm, Der Stradtstreicher (1965), á
que seguirá Der kleine chaos (1966), xa en 35 mm. Nese momento vivía de traballos ocasionais
que simultaneaba con cursos de arte dramática en Múnic. En 1968, ao non o admitir na Escola
de Cine de Berlín, incorpórase a un grupo teatral de vangarda de Múnic, L'Action Theater, no
que realizará as súas primeiras postas en escena e escribirá a súa primeira obra, Katzelmacher.
Nesta época, participa, xunto con outros membros do grupo na rodaxe de Der brautigam, die
komodiantin un der zuhalter de Jean-Marie Straub. Foi entón cando crea un novo grupo teatral,
o Antitheater, con algúns dos membros máis activos do anterior, entre eles: Irm Hermann,
Hanna Schygulla, Peer Raben e Kurt Raab. O grupo fíxose famoso representando obras
consideradas provocativas, revisións iconoclastas dos clásicos e textos orixinais do propio
Fassbinder. En 1969, rodou os primeiros filmes a conta da produtora Antitheater-x-Film: Liebe
ist kälter, Als die tod e Götter der pest. En 1976, gañou a aposta de realizar trinta filmes antes de
cumprir os trinta anos, filmes de orzamento modesto, recorrendo sempre aos mesmos técnicos.
Logo atravesou un período, relativamente difícil, no que o seu talento pareceu dispersarse. O
éxito que tivo con O matrimonio de María Braun reportoulle numerosas proposicións de
produtores internacionais. En 1980, creou un verdadeiro monumento cunha serie de trece
capítulos para a televisión alemá. Volveu ao cine até a súa morte en Múnic, 1982 .
Na súa filmografía destacamos: Río das mortes (1970), O mercador das catro estacións
(1971), Wildwechsel (1972), Todos nos chamamos Alí (1973), A lei do máis forte (1975), As
amargas lágrimas de Petra von Kant (1972), O asado de Satán (1976), Desesperación (1977),
Un ano con trece lúas (1978), O matrimonio de María Braun (1979), Lili Marlen (1980), Lola,
Lola (1981), A ansiedade de Verónica Voss (1982), Quérelle (1982), baseada na obra de Jean
Genet, o seu derradeiro traballo.
FEBREIRO LA QUESTION HUMAINE
16 LUNS, ás 20:15 horas (A CUESTIÓN HUMANA)
FRANCIA 2007
Ficha Técnica Ficha Artística
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Dirección: Nicolas Klotz Mathieu Amalric
Guión: Nicolas Klotz Michael Lonsdale
e Elisabeth Perceval Edith Scob
Fotografía: Josée Deshaies Jean-Pierre Kalfon
Montaxe: Rose-Marie Lausson. Lou Castel
Música: Syd Matters
Duración: 143 minutos
COR. V.O.S.C.
*PREMIO AO MELLOR ACTOR, MATHIEU AMALRIC, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE COPENAGUE, 2007
*PREMIO AO MELLOR ACTOR, MATHIEU AMALRIC, E MELLOR DIRECCIÓN ARTÍSTICA NO FESTIVAL INTERNACIONAL
DE CINE DE XIXÓN, 2007
*PREMIO DA CRÍTICA AO MELLOR DIRECTOR, , NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE SAO PAULO, 2007
SINOPSE
Baseado na controvertida novela de François Emmanuel. O filme narra a
contratación dun psicólogo e famoso gurú da productividade pola filial francesa
dunha multinacional petroquímica de orixe alemá para para liderar o departamento
de recursos humanos e deseñar un plan para reducir persoal.
NICOLAS KLOTZ
Director, guionista, montador, sonidista e produtor. É profesor na
prestixiosa facultade de cine La Fémis en París. Ten dirixido diversos documentais
monográficos sobre diferentes músicos, entre eles: Brad Mehldau, James Carter,
Robert Wyatt and Ravi Shankar.
Iníciase no mundo do cine coa curtametraxe Rendez-vous avec
Marguerite (1983). A noite bengali (1988), foi o seu debut coa longametraxe. Logo
viñeron: A noite sagrada (1993), Cantos da area e as estrelas (1996), Paria
(2000), A ferida (2004), Na pel (2005).
Este é o seu último traballo.
FEBREIRO SOMERS TOWN
23 (SOMERS TOWN)
LUNS, ás 20:15 horas R. U. , 2008
Ficha Técnica Ficha Artística
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Dirección: Shane Meadows Thomas Turgoose
Guión: Paul Fraser Piotr Jagiello
Fotografía: Natasha Braier Elisa Lasowski
Montaxe Richard Graham Perry Benson
Música: Helmut Neugebauer
Duración: 71 minutos
COR. V.O.S.C.
*PREMIO FIPRESCI E PREMIO DE AMNISTÍA INTERNACIONAL AO MELLOR DIRECTOR NO MOTOVUN FILM FESTIVAL, 2006
*PREMIO AO MELLOR DOCUMENTAL DA GUILD OF GERMAN ART HOUSE CINEMAS, 2006
SINOPSE
Nada máis cumprir os dezaseis, o protagonista deixa de estar tutelado polos
servizos sociais e foxe a Londres, onde leva unha vida solitaria e chea de dificultades. Un
inmigrante polaco, entusiasta e tranquilo, vive co seu pai, que pasa as noites bebendo
con amigos. Ambos coñécense de xeito casual en Somers Town, formando unha
inesperada e sólida alianza.
SHANE MEADOWS
Realizador, montador, fotógrafo, produtor, actor e guionista, nado en Uttoxeter,
Reino Unido, en 1972. A diferencia da meirande parte do cine británico que chega ao noso
país, este cineasta está máis interesado nas zonas obreiras e rurais dos Midlands que
nas historias que transcorren nas grandes cidades. Abandona o colexio na adolescencia
e logo emprende unha viaxe na que traballa como axudante de clown e montador de
aceiro, antes de estudar Artes Dramáticas e Fotografía. Decepcionado co sistema
educativo, ofrécese como voluntario nun centro de cinematografía en Nottingham, onde
aprendeu o oficio de Director. As fins de semana, pedía prestado material co que se
ensinaba a si mesmo a técnica necesaria para facer curtas nas que utilizaba aos amigos
como actores. Tras producir unha curtametraxe cada mes durante un ano, pedíronlle
dirixir o documental para televisión The Gypsy´s Tale (1995). Logo escrebe, produce,
dirixe, monta e actúa no filme Small Time (1996). Stephen Wooley, produtor de Xogo de
bágoas, entre outras, tras ollar a ecléctica mestura do seu traballo contrátao para que
faga o guión e dirixa TwentyFourSeven (1997), financiado pola BBC. Rodada en branco e
negro, o filme seguía os intentos de Bob Hoskins por rescatar aos mozos desencantados
dunha vila coa apertura dun club de boxeo. Con el, acadou o Premio FIPRESCI no Festival
de Venecia de 1998, ademais doutros moitos premios en festivais. Rexeitando ofertas de
Hollywood, o director decidiu completar a súa triloxía sobre os Midlands. Entre os seus
traballos destacamos: A Room For Romeo Brass (1999), One Upon a Time in the Midlands
(2002), Northern soul (2004), The stairwell (2005), This is England (2006)
Este é o seu último traballo.

0 Responses to
= Leave a Reply