FESTIVAL SONORA
UNIVERSIDADE DE VIGO
Non é de extrañar que un dos festivais de música de entrada gratuita de maior calidade de Galicia reciba nas súas actuacións a un aforo que ronda tan so as trescentas persoas para artistas nacionais de renome ou figuras internacionais de un amplo abanico de estilos músicais, posto que este evento ten lugar na inhóspita “República Independiente do CUVI” CUVI (Cidade Universitaria de Vigo). Un complexo universitario a case quince Km. da cidade de Vigo, que publicita o festival só na súa area e que está pensado para o público da mesma Universidade, ademáis celebra as actuacións en horario lectivo, normalmente a media tarde e entre semana.
Pero a todo a estos inconvintes opóñense unha serie de vantaxes que fan decaer a balanza en beneficio da calidade deste descoñecido destino que pola súa escasa publicidade vive no descoñecemento dos afeccionados e debería catalogarse como imprescindible dentro do mapa de festivais do país.
O evento xurde baixo o colectivo Sinsal Audio, brazo executor que deu vida no 2005 ao primeiro festival Sonora nun traballo conxunto coa Uvigo, esta é unha das organizacións culturais de maior calidade a nivel galego, que manexa xa extensións en Santiago e na Coruña e prepara un festival para o verán na illa de San Simón. Cun nivel de actuacións enorme, traendo a Galicia entre outros a Final Fantasy, Jeremy Jay, Luna, Dominique A, Cocorosie, Lali Puna, Six Organs Of Admittance e unha longa lista de artistas que ofertan directos arroiadores e potentes, de nivel mundial e enmarcados dentro da nova escena musical de transgresión e innovación.
Este nome para a primeira organización dun festival xa implica unha forte declaración de intencións, e unha pista sobre o tipo de música de calidade que se iva a poder oír no teatro universitario de Vigo.
Nesa primeira edición, disfrutouse do directo dos músicos Molasses, grupo no que participan varios integrantes do grupo canadiense baluarte do post-rock Godspeed you black emperor!, Thalia Zedek, The Gift,Lali Puna,Armadillo e os entregado pop experimental de Hood.
Na segunda edición a organización do festival mudou pero legouse o obxetivo e as máximas de calidade, abrindo o escenario a bandas españolas, pero mantendo o carácter de semiprivacidade, evidentemente non se esixe pretenza o colectivo universitario para asistir pero a xustificación dos organizadores para non promover máis o evento ven enfundada no aforo máximo dun mal teatro escollido como sede do festival.

Seguindo co recorrido polas diversas edicións xa no ano 2006 acolleu un gran concerto dos asturianos Manta Ray que deron unha enorme lección de rock experimental, recentemente separados, os Legendary Tiger Man (Portugal), o post-rock de Sebastopol (Galicia)
e os Sofa Surfers (Asturias) colectivo de músicos que dan forma a ritmos dub e jazz.

A partir de aquí e cunha traxectoria de concertos envexable para moitos melómanos e na que se podía facer unha lectura de que baixo a protección das arcas da universidade e en mans de responables organizadores o Sonora podía crecer moito máis, algún blog e certos críticos galegos comezaron a alabar e dar a coñecer ó mesmo. E por todo isto aqueles que se aventuraron a este páramo desde que se pode ver o monte Galiñeiro e case case aos veciños portugueses, nun día de traballo as seis da tarde do 2007 encheron o aforo do concerto do estadounidense Micah P. Hinson. Tocou como sempre no festival baixo entrada gratuita e teloneado polo vigués Abraham Boba. Os aficionados o novo folk americano deste crooner de Texas asistiron a un espéctaculo difícilmente esquencible e alabado por todas as críticas publicadas no país, nun concerto longo, no que recorreo o seu repertorio, fixo chorar a algún fan cos seus berridos desgarrados e agasaxou a vista dos asistentes cun xogo de sombras que se proxectaban sobre as paredes do teatro. Un novo éxito que se sumaba a modesta lenda do festival. Nese ano, xa con máis afluencia de público, víronse a The Wave Pictures e a Darren Hayman & The Secondary Modern. Noutra sesión tocaron Lagartija Nick, Ectoplasma, Nicolás Pastoriza , Colectivo Oruga e Apenino.

De novo recordo os lectores que o único condicionante para que che impidan entrar a calquera edición do Sonora Uvigo é que se complete o aforo máximo do teatro, outro cantar xa é a flexibilidade do horario dos interesados en asisitir e a forma de chegar ata alí,..., desde Vigo ata cinco liñas de autobús urbano suben os estudiantes a diario, e posiblemente sexa a opción máis cómoda, posto que nin o acceso ó CUVI é sinxelo por primeira vez. Esta foi a solución predilecta para a diversidade de asistentes con todo tipo de gustos músicais o que se abreu o festival o ano pasado.
O Sonora 08 que se dividiu en catro sesións, e que abriu as súas portas a novos estilos máis coñecidos e populares, fixo as delicias dos asistentes, os primeiros en tocar foron o Sr chinarro+ The radio dept.

O primeiro fixo un concerto estructurado na súa liña, sen extravagancias, nun tempo que ocupaba espacios en televisión e as revistas do sector Indie o alababan coma a un novo fenómeno, maila súa traxectoria de anos e anos atrás. E o shoegazer esperadísimo en Galicia duns The Radio Dept que sorprenderon a todos cunha execución perfecta dos seus máis famosos temas, acompañados de sendos músicos artificiais, encaixados nas súas CPUs, unha simbiose perfecta entre unha técnica de grandes músicos de pop-rock alternativo e os seus sons artificiais. Quizais a única crítica negativa, a posta en escea e o escaso interese que pode ter ver a tres escandinavos hipertérritos diante de 300 espectadores, o 70 % cós ollos pechados deixándose levar pola música.
O pop herdeiro de Bowie e con sede no Grove de Nadadora, e os ingleses Lucky soul pecharon a edición.

A calidade dos nomes foráneos sempre foi buscada pola organización pero no tempo no que creceu o festival, na península asistimos a consolidación dunha escena independente que hoxe en día ten mellor repercusión fóra que na casa e que non pasou desapercibida polo Sonora.
Sexy Sadie deu o penúltimo concerto da súa carreira en Vigo na Universidade e de xeito gratuito, os temas golpeaban ao ritmo dos latidos das decenas de fans galegos que os escoitaban desde os noventa e que asistiron a un concerto idéntico o derradeiro un día despois en Madrid.
Na memoria dos fans do Sonora tamén se agocha un dedicado espectáculo de La Habitación Roja, onde o derroche de enerxía foi inmeso e desencadeu unha enorme festa disfrutada por todo o público.
A Manos de topo e Mishima tamén lles foi otorgado o papel de defender na universidade o pavillón do indie peninsular. Así como se conta entre os máis populares no comezo do festival a Iván Ferreiro e Deluxe.
O cartaz do Sonora 09 o último ata o momento recolle a grupos con sona como o pop herdeiro da costa oeste americana de Lori Meyers ou os cataláns adicados ao Indie electrónico Mendetz. Por outra banda a oferta complétase có innovador trompetista Pierre Bastien e Mothlite, máis grupos convidados, que traen a Galicia o pop máis coidado e elaborado do Reino Unido do momento.

O festival mellora, consolídase e abre as súas portas todos os cuatrimestres do ano lectivo universitario e presentase aínda que sexa a uns poucos como unha oferta cultural moi atractiva. E engorda con novas actividades como teatro o aire libre, monólogos ou espectáculos na rúa.
Para achegarse a súa programación podedes acceder desde http://extension.uvigo.es/.
A contradicción resultante da organización do Sonora realizando un traballo de calidade nestes últimos anos e facendo que unha proposta local resultase atractiva a un público moito máis amplo é que agora fai que non medre tamén a súa capacidade de acollida . Mais isto tan so pode ser un problema namentres a información do mesmo segue sen chegar a oídos do gran público. Xa que na maioría dos casos os festivais son os que cambian o recibir cada ano máis asistentes e non necesariamente cando o festival se prepara para novas formas a concurrencia é maior.

O avance intelixente de grupos como Sinsal, que manteñen os elementos de bos concertos íntimos, de calidade técnica e sempre sobre unha programación que non se deixa levar sobre criterios comerciáis, senón no interese artístico que suscitan os músicos independentemente do apoio mediático do que gocen, é o modelo a imitar.
Que os afeccionados coñezan un destino de calidade como este é inevitable e a posibilidade de abrir extensións do Sonora noutras cidades ou mesmo noutros recintos con boa acústica sería o camiño que crea oferta de concertos de calidade.
E iso posiblemente sería o cambio co cal un festival pequeno que medra con integridade cambia a sede e se abre a novas posibilidades.